¡Ola!

Son Alberto Espinosa, enxeñeiro de caminos, canais e portos e a metade das BASE solutions.

O nome deste novo proxecto empresarial chegou a Beatriz Spuch (Beti, a outra metade) e a min como anagrama das nosas iniciais, BS e AE.

Beti e mais eu coñecémonos no 2014, cando fun a Madrid para facer prácticas no Máster en Loxística e Transportes da Universidade de Coruña nunha empresa de consultoría en loxística e transporte.

Daquela Beti traballaba como responsable de proxectos e xuntos colaboramos no desenvolvemento de varios proxectos e alí, entre cafés e reunións, establecemos unha amizade que continúa ata os nosos días.

Pasaron varios anos ata que Beti regresou Á Coruña, onde comezou a traballar como consultora independente, e foi a partir desa volta que cada vez que tivo a oportunidade tentoume para que o deixara todo e me asociara con ela, recordándome o ben que nos entendemos no traballo.

E non foi ata este ano 2021 cando os astros aliñáronse e deuse todo para coller a man de Beti e comezar esta nova viaxe.

E esta é a historia de como neceu BASE solutions.

Agora temos moito traballo por diante, pero afrontámolo con moitas ganas e ilusión co obxectivo de axudar a crecer a os nossos clientes: ¿falamos?