This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
BASE solutions nace na Coruña da man de Beatriz Spuch e Alberto Espinosa como una solución para empresas e administración públicas que precisan dunha visión experta en enxeñaría de planificación e estratexia de infraestruturas de transporte, loxística, innovación tecnolóxica e sostibilidade.
Quen somos
Beatriz Spuch
Son Exeñeira Naval e Oceánica e teño ampla experiencia como consultora en transporte e loxística. Máster en Dereito e Negocio Marítico e Xestión Portuaria, traballei coas principais administracións de infraestruturas do noso país. Teño experiencia en proxectos europeos e financiación e son avaliadora de propostas para a Comisión Europea para H2020 e Horizonte Europa.
Alberto Espinosa
Son enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Master en Loxística e Transporte. Desenvolvín a miña profesión como consultor en enerxía, transporte e loxística. Traballei en múltiples propostas de innovación e de valor tanto para o sector da automoción como para os sectores naval, téxtil ou da alimentación, así como en proxectos de optimización para o sector loxístico.
O que facemos
Infraestruturas, Loxística e Transporte
Dende un Plan Estratéxico ata a definición de un Modelo de Xestión de una infraestrutura; estudiamos coa nosa propia metodoloxía todos os condicionantes e buscamos a mellor forma de aproveitar ao máximo as túas instalacións.
Podemos axudarte con una análise e optimización de fluxos materiais e de información, deseño e dimensionamento de almacéns, xestión de stocks, definición e elección de embalaxes, etc.
- Planificación estratéxica e análise de viabilidade
- Optimización e dimensionamento da cadea de subministro
- Deseño de procesos e fluxos de produción
Financiación Europea
Somos expertos en modelos de Financiación Europea e sabemos como debe presentarse un proxecto para obter o maior apoio financeiro posible.
Se tes unha idea para a túa empresa, pregúntanos. Analizarémola e buscaremos os mellores programas que se adapten a súa presentación e para garantir o éxito do teu proxecto.
- Asesoramento de Programas de Financiación
- Xestión Integral de Proxectos Europeos
- Avaliación de Proxectos
Innovación Tecnolóxica
Hoxe en día para ser competitivos, é imprescindible prestarlle atención á innovación. Podemos axudarte a desenvolver un Plan de Innovación que resulte sostible para a túa empresa e coherente coas súas necesidades. Escolleremos as solución máis adecuadas de Industria 4.0 e Dixitalización, para que non des paos de cego, e poidas centrarte naquilo que realmente te importa: aumentar a túa competitividade e mellorar o teu posicionamento no mercado.
- Estratéxica de innovación
- Industria 4.0
- Dixitalización
Sostibilidade
Podes contar connosco para elaborar o teu Plan de Sostibilidade e os estudos de impacto ambiental que necesites.
Tamén podemos axudarte a desenvolver os teus proxectos de economía circular e eficiencia enerxética, que te permitirán reducir os teus desperdicios e o teu gasto enerxético, aumentando a túa competitividade.
- Estudos de Sostibilidade e Impacto Ambiental
- Economía Circular e Eficiencia Enerxética
- Enerxías Renovables
¿Falamos?
Se detectas que na túa empresa algo poder mellorar, pregúntanos, estamos seguros de poder axudarte.
Beatriz Spuch 629 851 742
Alberto Espinosa 646 454 631